InicioSociedadeAumenta a presión hospitalaria en Lugo, con seis novos ingresos

Aumenta a presión hospitalaria en Lugo, con seis novos ingresos

Sanidade notifica 75 novos diagnósticos nas últimas 24 horas dentro da área sanitaria. O HULA atende a 30 pacientes, cinco na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informa de que na área de Lugo se confirmaron 75 novos casos de coronavirus nas últimas 24 horas a través de probas PCR. Tralas altas diagnosticadas no día de onte, os casos activos quedan finalmente en 1.049 (33 máis ca o mércores).

Aumenta a presión hospitalaria ao ingresar cinco persoas máis. Alcánzase así a cifra de 48 pacientes, distribuídos da seguinte maneira: 30 no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), dos cales 5 permanecen na UCI;  15 no Hospital da Mariña; e 3 no de Monforte.

No día de onte non se notificou ningún falecemento de persoas diagnosticadas con coronavirus na provincia de Lugo, polo que o total de mortes documentadas dende o inicio da pandemia mantense en 101.

Ademais, segundo a actualización diaria de datos do Sergas, ata hoxe realizáronse 83.071 PCR na área de Lugo,  o que implica que nas últimas 24 horas se efectuaron 938 probas.

GALICIA

Tamén en Galicia seguen en alza os contaxios por Covid-19 tras confirmarse 734 por PCR nas últimas 24 horas en Galicia. Deles, 240 pertencen á área de Vigo. Ademais, os casos activos aumentaron noutros 253 ata situarse en 9.895, e increméntanse en todas as áreas salvo nas de Ourense e Santiago.  En Galicia morreron ata o momento 960 persoas con Covid-19.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

A comunidade venezolana de Lugo convoca unha concentración pola “liberdade” do país

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Lugo despois de...

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...