InicioEconomíaA Mariña gaña tempo: o TSXG non lle permite a Alcoa parar...

A Mariña gaña tempo: o TSXG non lle permite a Alcoa parar as cubas

A Sala dálle marxe á empresa para executar os despedimentos e deter a produción, pero debe manter a maquinaria activa por se o ERE fose nulo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aceptou en parte a solicitude de medidas cauterales presentada polos sindicatos CC OOCIG e UGT contra o expediente de regulación de emprego (ERE) presentado por Alcoa na planta de aluminio de San Cibrao.

A resolución ordénalle á empresa “absterse de levar a cabo calquera actuación dirixida a facer efectiva a parada de cubas“. A Sala entende que a empresa si pode executar os despedimentos, pero debe manter a maquinaria activa por se o ERE fose considerado nulo.

Esta foi a petición estimada de entre as que demandaban os sindicatos. Tamén reclamaban a intervención ou a administración xudicial dos bens produtivos por parte da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) durante o tempo que dure o proceso de impugnación do despedimento colectivo e mentres non haxa sentenza xudicial firme. Porén, o TSXG observa que esta medida sería “desproporcionada”.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

María Reigosa pasa a ser concelleira non adscrita e deixa en minoría o goberno local de Lugo

A edil de Lugo María Reigosa comunicou este luns a súa decisión de abandonar...

Luz verde da Xunta para unha planta de valorización de residuos plásticos en Muras

A Xunta deu luz verde ambiental á instalación dunha planta para a valorización de...

Rueda destaca en Lugo que o Goberno central vive “instalado no caos” e pon o PP como única alternativa

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou a "política útil e pegou ao territorio"...

Volve o servizo madrugador entre Lugo e Madrid de Renfe

Renfe modificará a partir do próximo 20 de maio o horario do tren Alvia...