InicioDeportesLugo prepárase para ser escenario da 14ª etapa da Volta Ciclista a...

Lugo prepárase para ser escenario da 14ª etapa da Volta Ciclista a España

Ademais de pola capital, a proba tamén pasará por Guntín, Monterroso, Antas, o Alto do Escairón e Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A capital lucense acollerá mañá, mércores 4 de novembro, o inicio da decimocuarta etapa da Volta Ciclista a España 2020. O tramo previsto, de algo máis de 200 quilómetros, percorrerá Lugo, probará un anaco de Pontevedra e rematará en Ourense.

Os ciclistas sairán de Lugo cara a GuntínMonterroso e Antas de Ulla. Cambiarán de provincia para dirixirse ata Agolada, Lalín e Rodeiro, e logo volverán a terreos lucenses, onde pasarán por Chantada, subirán ao Alto de Escairón e irán ata Monforte de Lemos. Finalmente poñerán rumbo á capital ourensá, fin da etapa.

Perfil da 14ª etapa de La Vuelta 2020, con saída en Lugo | La Vuelta

RÚAS CORTADAS

Por mor deste acontecemento, o Concello de Lugo estableceu un plan de tráfico específico para ordenar a circulación na cidade ante os cortes de rúas.

A proba pasará pola Avenida de Madrid (rúa das Artes-Fonte do Rei), a Fonte do Rei, Avenida de Ramón Ferreiro, Avenida Ángel López Pérez, a praza da Constitución, a Ronda da Muralla (ata a praza de Bispo Odoario), a rúa Germán Alonso, a Fonte dos Ranchos e a Avenida das Américas. O final do tramo urbano conecta coa LU-540).

+ posts

ÚLTIMAS

O “equipo” de Candia: sete tenentes de alcalde e María Reigosa como non adscrita

O novo goberno municipal de Lugo presidido por Elena Candia xa está en marcha....

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Eliminar carril bici, máis aparcadoiros e “un San Froilán para todos”, entre as prioridades de Candia

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presentou nos primeiros minutos de mandato un...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...