Home Lugo e contorna O servizo ‘Xantar no Fogar’ duplica o número de usuarios por mor da pandemia

O servizo ‘Xantar no Fogar’ duplica o número de usuarios por mor da pandemia

0
O servizo ‘Xantar no Fogar’ duplica o número de usuarios por mor da pandemia
A edil de Benestar e a alcaldesa celebran o Día do Maior | Arquivo LX

O servizo de ‘Xantar no Fogar’ no Concello de Lugo duplica o número de persoas usuarias ante a incidencia da pandemia. A maioría (un 60%) dos 121 beneficiarios actuais son mulleres, maiores de 65 anos que viven soas ou con algún grao de dependencia e sen apoio familiar.

O servizo ofrece unha atención integral, segundo indica o goberno local: desde a dieta ata o acompañamento telefónico para evitar o illamento social. Para iso destínase unha partida orzamentaria que alcanza os 160.000 euros.

A empresa que presta o servizo encárgase de preparar os pratos de todos os comensais cada mañá e atende ás indicacións sanitarias que recolle o seu historial clínico, a través da vixilancia e control sobre a elaboración, procedencia de ingredientes e as pautas necesarias.

O municipio conta con 5.000 persoas maiores de 65 anos que viven soas na súa vivenda, que están sometidas a un seguimento continuado por parte do Goberno local para colaborar na súa manutención, dieta ou tarefas domésticas.

+ posts