InicioSociedadeO BNG pedirá a ampliación do polígono do Corgo e a creación...

O BNG pedirá a ampliación do polígono do Corgo e a creación dun punto limpo

O "ritmo de crecemento" deste parque empresarial fai que as parcelas dispoñibles queden moi limitadas, segundo os nacionalistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do BNG Olalla Rodil comprometeuse coa veciñanza do Corgo a esixir no Parlamento galego a ampliación do polígono industrial do Corgo nunha superficie equivalente á que xa está construída. Os nacionalistas falan da necesidade de aumentar o parque empresarial nunhas 10 hectáreas pola súa zona norte para dar resposta ao seu “ritmo de crecemento, dos maiores en toda a provincia”.

O polígono industrial do Corgo “é un dos mellor situados en Lugo a nivel de infraestruturas viarias”, destacan, polo que a súa ampliación non debera sobrepasar “o prazo de 1 ou 2 anos”.

UNANIMIDADE PARA SOLICITAR UN PUNTO LIMPO

A maiores, os representantes do BNG salientan a importancia de crear un punto limpo no concello corgués para recoller, sen custo, todo tipo de residuos que non van nos colectores do lixo (mobles, móbiles, electrodomésticos, ordenadores, pilas e baterías…).

Así pois, o grupo nacionalista levou a pleno unha moción, aprobada por unanimidade, para instar á Xunta á construción deste espazo dentro da área do polígono industrial. “Está céntrico, está moi ben comunicado, estaría dotado con todos os servizos e non ocasionaría ningún impacto visual na contorna”, resaltan.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...