InicioSociedadeArrincan as tarefas de limpeza nas marxes da estrada que une Lugo...

Arrincan as tarefas de limpeza nas marxes da estrada que une Lugo e Friol

O obxectivo é rozar e limpar para previr lumes e accidentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta informou de que empezará a próxima semana os traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada LU-232, que comunica Lugo e Friol. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, realizou nos últimos meses estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de vías autonómicas do catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

En paralelo, na provincia de Lugo, seguirán as tarefas en marcha na vía de alta capacidade CG-2.2, en Lugo e no Corgo. Á súa vez, nas estradas da provincia da Coruña, continúan tamén os traballos de roza e limpeza nas marxes da autovía Ferrol-Vilalba, a AG-64, ao seu paso polo municipio das Pontes. A próxima semana tamén continuarán os traballos en distintas vías autonómicas das zonas de Caldelas, Trives, Valdeorras e Viana e na estrada OU-622, en Ou Barco.

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...