InicioSociedadeLugo quere poñer coto á plantación de especies que provoquen alerxia en...

Lugo quere poñer coto á plantación de especies que provoquen alerxia en espazos públicos

"Cada vez máis xente sofre estas patoloxías", destacan dende o Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Moitas especies alérxenes poderían ter os seus días contados nos parques de Lugo. O edil de Medio Ambiente lucense, Álvaro Santos, trasladará mañá ao pleno unha iniciativa para poder regular, a través dunha ordenanza, a plantación de especies vexetais alérxenas nos espazos públicos da cidade pero tamén noutras zonas comunitarias.

Segundo informan dende a área, o concelleiro pedirá así que a Corporación amose o seu apoio a incorporar na normativa local diversas indicacións referidas tanto á semente como á reforestación das diferentes variedades arbóreas en función do impacto que estas poidan ter para a saúde da veciñanza con relación á súa carga alérxena.

“Cada vez maior porcentaxe da cidadanía é susceptible de sufrir este tipo de patoloxías causadas por elementos presentes no entorno”, explica o edil, que fai referencia a un incremento “preocupante” do nivel de contaminación ambiental e á maior sensibilidade da poboación.

Ante estas circunstancias, o edil sinala “varias” fórmulas para atallar o problema, que debería abranguer “un plano moito máis amplo no que se actúe sobre a mellora da inmunidade, a capacidade de acceso a unha mellor alimentación ou mesmo sobre control e redución de emisións, etc.” Por agora, porén, o foco estará posto en valorar ese nivel alérxeno antes de coller a pá e levantar a terra.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...