InicioSociedadeTouriñán concienciará sobre os perigos de mandar whastapps ao volante

Touriñán concienciará sobre os perigos de mandar whastapps ao volante

O uso do móbil provoca 1 de cada 3 accidentes, segundo o Concello de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xosé Antonio Touriñán será a cara visible dunha campaña para concienciar ós mozos de Lugo sobre o perigo de usar o móbil ao volante. Así o vén de anunciar a área de Xuventude do Concello de Lugo, responsable da organización dun plan de comunicación que incluirá carteis na cidade e talleres de expertos.

A participación de Touriñán quedou selada no encontro entre o humorista e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na mañá deste venres. A campaña pretende servir para concienciar da relevancia dunha problemática crecente. “Cada ano, o uso indebido de teléfonos cando se conduce provoca 400 mortes”, cifrou a alcaldesa. Estes datos, segundo lembrou Méndez, “convirte o uso do smartphone nunha das principais causas de mortalidade na estrada, á altura do exceso de velocidade ou do consumo de alcol”.

A campaña ten por obxectivo os mozos porque, segundo destacan no Concello, o perfil do condutor que adoita utilizar o móbil, o WhatsApp ou mesmo interactuar nas redes sociais mentres se atopa ao volante adoita ser un mozo de 18 a 24 anos, razón pola que a concellería de Xuventude lanza esta campaña entre a mocidade.  “As distraccións polo uso do móbil non para de medrar cada ano, estando xa detrás de 1 de cada 3 accidentes de tráfico, provocando máis de 20.000 accidentes”, sostén a edil de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana González Abelleira.

 Xosé Antonio Touriñán, pola súa banda, quixo “agradecer que contarades conmigo para aportar un pequeno gran de area en axudar aos máis mozos a que tomen conciencia ao volante”. coa que se pretende chamar a atención deles e que escoiten a súa mensaxe co fin de que se sensibilicen. “É unha campaña pioneira, que queremos que sexa exemplo de boas prácticas para outros concellos para traballar, de xeito humilde pero decidido, en prol dunha prevención integral e na que participe toda a comunidade”, corroborou a concelleira.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...