InicioEconomíaOu hai axudas para o sector cárnico ou a crise será imparable,...

Ou hai axudas para o sector cárnico ou a crise será imparable, di Fruga

PUBLICADA O

- Advertisement -

coordinador en Lugo da Federación Rural Galega (Fruga), Elías Somoza, pediu a intervención da Xunta, a través de “axudas ou compensacións”, para tentar frear a caída dos prezos que sofre o sector cárnico de vacún, con máis de 10.000 explotacións censadas en Galicia.

Isto provocou que dito sector estea “a sufrir unha crise importante, con baixadas de prezos que roldan un euro por quilo canle, que son baixadas inxustificadas porque Tenreira Galega Suprema ten certa demanda”, sinalou.

Somoza subliñou “a importancia que ten o sector cárnico en Galicia, especialmente en moitas zonas como pode ser a montaña de Lugo, a montaña de Ourense, A Fonsagrada, Lugo centro, a comarca de Sarria ou Terra Chá, onde nalgúns casos esta é a única actividade que hai”.

Ademais, reivindicou que “onde hai pastoreo, onde saen as vacas a pacer, onde realmente hai actividade agrogandeira o risco de incendios é menor e iso púidose ver este ano, nunha provincia que está cun abandono moi forte como é a provincia de Ourense onde os incendios se propagan con máis facilidade”.

Por iso, finalmente Elías Somoza apelou a que “hai que tomar cartas no asunto e arbitrar algún sistema de axudas (por parte do Goberno galego) que poida liquidar esta crise que sofre o sector cárnico”. “De non ser así moitas explotacións veranse abocadas ao peche, o cal significa maior desertización e maior risco de incendios”, concluíu.

ÚLTIMAS

Lugo propón o Pazo de Feiras como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitará ao Padroado da Fundación Feiras e Exposicións...

Denuncian filtracións, riscos estruturais e aulas ‘forno’ na escola infantil Gregorio Sanz de Lugo

Comisiones Obreras (CC.OO.) denunciou que o BNG "acepta" a existencia de "riscos estruturais, filtracións...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un mozo acusado de agresión sexual a dúas menores

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un mozo acusado de...

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...