InicioLugo e contornaUn novo positivo na residencia de Outeiro de Rei deixa os contaxiados...

Un novo positivo na residencia de Outeiro de Rei deixa os contaxiados en 142

PUBLICADA O

- Advertisement -

As residencias de maiores galegas rexistran un total de 321 casos activos de COVID-19, dos que 236 correspóndense con usuarios, cun novo caso na Residencia DomusVi Lugo de Outeiro de Rei, e outros 85, con traballadores –soben en oito, todos eles detectados na residencia do Incio–.

Segundo a actualización ofrecida este domingo polas consellerías de Sanidade e Política Social, con datos de última hora do sábado, os infectados en xeriátricos galegos baixan tras as altas de 16 usuarios da residencia do Incio, recentemente intervida pola Xunta. Con todo, a detección dun novo caso entre os internos coloca a cifra de contaxiados en 60.

Con todo, como principal foco de COVID-19 nas residencias de maiores galegas mantense a DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, tamén intervida. Neste centro, a detección dun novo caso sitúa o total de anciáns infectados en 142.

A maiores, tamén contan con casos de coronavirus entre os seus usuarios a residencia Orpea Coruña, en Culleredo (26); DomusVi Lalín (5); e as residencias Castro Ribeiras do Lea, en Castro de Rei, Os Gozos, en Pereiro de Aguiar, e a de Arteixo, cun infectado cada unha.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...