InicioSociedadeMorre unha usuaria da residencia de Outeiro de Rei que estaba ingresada...

Morre unha usuaria da residencia de Outeiro de Rei que estaba ingresada no HULA

Desde o comezo da 'nova normalidade' o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 57 persoas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O falecemento no HULA dunha muller de 89 anos e usuaria da residencia DomusVi Lugo, eleva, xunto con outras dúas mortes, o número de falecidos en Galicia a 676.

As outras mortes, segundo trasladou no seu parte diario a Consellería de Sanidade, foron a dunha muller de 80 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e un home de 76 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Desde o comezo da ‘nova normalidade’ o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 57 persoas, tras a morte dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

Neste contexto, o maior balance de falecidos dos últimos meses notificouse o pasado mércores, cando Sanidade informou dun total de sete. A última vez que se superou esta cifra foi o pasado 5 de maio, con nove decesos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...