InicioSucesosMultados en Lugo por fumar sen gardar a distancia de seguridade

Multados en Lugo por fumar sen gardar a distancia de seguridade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo informou de que este mércores, no marco das restricións pola pandemia, levantou dúas actas denuncia ao sorprender a dous cidadáns que consumían tabaco nun espazo público sen gardar a distancia de dous metros con outras persoas. A infracción foi detectada na Praciña do Colexio, sobre as 21,30 horas.

Segundo lembra a Policía Local nun comunicado, a normativa vixente fixa que o consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só poderase exceptuar da obrigación do uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, “tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, se poida garantir o mantemento en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...