InicioSucesosPrisión provisional para detido pola violación da neta da súa exparella

Prisión provisional para detido pola violación da neta da súa exparella

A Policía Nacional recibiu na mañá do luns a alerta por unha posible violación a unha menor que estaba a ser atendida no HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home de 53 anos detido en Lugo pola violación da neta da súa exparella, menor de idade.

Así o confirmaron fontes xudiciais, que apuntan a que o home está sendo investigado por un delito contra a liberdade sexual dunha nena menor de 16 anos. Tampouco poderá achegarse ou comunicarse coa vítima.

Segundo a información da Policía Nacional, os feitos ocorreron o pasado domingo no domicilio do propio detido, aínda que as forzas da orde tiveron coñecemento do suceso tras abrirse o protocolo por parte dos servizos médico-pediátricos do Hospital Lucus Augusti (HULA).

En concreto, as dependencias da Policía Nacional recibiron na mañá do luns a alerta por unha posible violación a unha menor que estaba a ser atendida no centro hospitalario.

Deste xeito, presentouse no lugar o coordinador de Servizos da Comisaría Provincial para facerse cargo da investigación. Seguidamente, puxo os feitos en coñecemento dos funcionarios especializados nestes casos.

Este equipo entrevistouse os familiares da vítima, que relataron que a menor pasara o domingo no campo coa avoa e co exmozo desta.

A violación, segundo relata a Policía Nacional, produciuse cando a vítima acudiu ao domicilio do home a deixar unhas pertenzas, antes de ser levada a casa.

ÚLTIMAS

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...