InicioSociedadeLugo á cabeza en número de novos casos da Covid, 123 nas...

Lugo á cabeza en número de novos casos da Covid, 123 nas últimas horas

A maioría son do foco detectado na residencia de Outeiro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra 120 casos activos, 12 máis que onte, a maior parte deles rexistrados na residencia DomusVi Lugo de Outeiro de Rei. Deles, 3 están na UCI e 61 hospitalizados, mentres que 855 están en seguemento domiciliario.

As autoridades sanitarias detectaron na última xornada un repunta de contaxios en Galicia, con 332 positivos, unha cifra que duplica á da xornada anterior e coa que os casos activos na comunidade sitúanse xa nos 4.364.

Así o reflicte o parte diario da Consellería de Sanidade, no que se reflicte o influxo dos contaxios de coronavirus detectados na residencia de Outeiro de Rei que, xunto con outros identificados en Galicia, romperon a tendencia descendente que nos últimos días presentaba a detección de novos casos, que este martes baixou ata 161.

En total, Galicia conta este mércores con 4.364 casos activos, 134 máis que o martes. Ademais, producíronse 14.158 altas, 193 máis que na xornada anterior, e notificáronse 668 falecementos, os últimos dous usuarios das residencias do Incio e Outeiro de Rei e dous homes ingresados no Clínico de Santiago e no Hospital Lucus Augusti.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...