InicioCulturaManuel María, o poeta que deixou a política polos versos

Manuel María, o poeta que deixou a política polos versos

O poeta da Terra Chá morría hai 16 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este martes fanse 16 anos do falecemento de Manuel María. O escritor, académico e político lucense finaba na súa casa da Coruña a piques de facer 75 anos e deixando ás súas costas unha extensa traxectoria literaria e, sobre todo, poética. A vea lírica de Manuel María é xustamente a que hoxe lembran as ducias de tuiteiros que, aproveitando a súa efeméride, devolveron á lembranza algúns dos seus versos máis coñecidos.

María, nado en Outeiro de Rei en 1929, debuxou unha extensa traxectoria poética que non pode ser comprendida sen facer fincapé no seu talante político e socialmente comprometido. Nos últimos anos da ditadura xogou un papel activo na reorganización da oposición política clandestina, unha pulsión que o había de acompañar á democracia. En 1979 conseguiría ser concelleiro de Augas e Recollida do lixo de Monforte de Lemos da man da BN-PG, pero abandonaría a política logo de non conseguir chegar ó senado en 1982.

Ao longo da súa via cultivaría unha extensa obra poética –coñécenselle máis de 50 poemarios entre 1950 e os publicados postumamente- que tamén viría aderezada de traballos narrativos, unha ducia de obras teatrais e mesmo notables incursións no xénero do ensaio. Nos anos derradeiros do réxime franquista traduciría a obra Os Vellos non deben de namorarse, de Castelao, ao castelán.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...