InicioSociedadeDetectados 46 novos positivos na área de Lugo

Detectados 46 novos positivos na área de Lugo

O número de positivos na provincia é de 810.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou 252 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas e o total de casos activos incrementouse en 38, ata situarse en 4.175, de acordo cos datos deste domingo da Consellería de Sanidade, tomados na tarde deste sábado. O último parte recolle que se curaron na Comunidade galega un total de 13.649 persoas, que son 211 máis das que constaban o sábado.

O número de mortos é de 659, tres máis dos que figuraban na actualización anterior, tras informarse na tarde do venres do falecemento de tres persoas que estaban ingresadas no Hospital Lucus Augusti, en Lugo, dous delas relacionadas coa residencia de maiores do Incio.

Por áreas sanitarias, a da Coruña mantense como a que rexistra un maior número de casos activos, con 1.424. No entanto, é a única na que se rexistra un descenso, posto que son 22 menos que onte se se teñen en conta o número de recuperados. En Lugo, onde o número de pacientes que están a pasar actualmente a infección é de 810, a cifra de novos positivos foi de 46, pero recuperáronse 38.

No caso de Santiago, o incremento é de 11 casos activos, ata un total de 688; mentres que en Ourense alcánzanse os 429 –12 máis–; en Vigo son 344 –sete máis–; en Pontevedra sitúanse en 323 –15 máis, a subida máis acusada entre as áreas–; e en Ferrol soben ata 157 –nove máis–. Os datos facilitados pola Xunta sinalan que se realizaron un total de 363.957 probas PCR na Comunidade ata o momento, cifra que supera en 4.902 a deste sábado.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...