InicioSociedadeLugo rexistra case 800 casos cando en Galicia xa se rexistran picos...

Lugo rexistra case 800 casos cando en Galicia xa se rexistran picos semellantes á corentena

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia detectou nas últimas 24 horas 417 novos positivos por coronavirus, ata situarse en 4.082, de acordo cos datos difundidos este venres pola Consellería de Sanidade, tomados na tarde do xoves. Con estes datos, Galicia sitúase nos peores datos de positivos do confinamento.

O parte de hoxe recolle un ascenso dos casos activos por encima dos 4.000 e tamén unha subida nos pacientes curados, que alcanzan os 13.200 –161 máis que o xoves–. Figuran, así mesmo, catro falecementos, que elevan o total a 656 desde que comezou a pandemia. Unha muller faleceu no CHUAC e outro tres persoas, unha muller e dous homes que eran residentes do centro xeriátrico do Incio (Lugo), morreron no Lucus Augusti de Lugo.

Por áreas sanitarias, o maior incremento no número de casos activos é o de Ourense, que pasa de 386 a 421 –35 máis que o xoves–, pero a cifra máis alta segue sendo a da área da Coruña e Cee, onde hai 1.445 afectados coa enfermidade neste momento –20 máis que onte–.

En Vigo o ascenso é de 25 casos activos, ata un total de 327; mentres que en Santiago constan 673 –14 máis que hai 24 horas– e en Pontevedra son 279 –oito máis–. En Ferrol mantense a mesma cifra que onte, 150 casos activos, e Lugo é a única área na que hai un descenso, de dous casos activos, ata un total de 796.

O parte dese venres indica tamén que se realizaron un total de 354.273 probas PCR en Galicia ata o momento, cifra que supera en 5.223 a de onte.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...