InicioCulturaUnha das poucas estradas tradicionais que quedan en Galicia atópase en Lugo...

Unha das poucas estradas tradicionais que quedan en Galicia atópase en Lugo e corre perigo

Esixen á Xunta que deteña as obras para ampliar o firme para non "arrasar" árbores e muros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cada vez quedan menos e unha delas está en Lugo. Esa viría sendo a advertencia da plataforma Lista Roja del Patrimonio a respecto da estrada LU-231 que une Friol con Palas. A plataforma, dedicada a recoller bens culturais e naturais en perigo de destrución e deterioro, lanza un SOS á Xunta de Galicia para que non amplíe o firme e así se evite a destrución das marxes da vía, onde descansa o verdadeiro atractivo da mesma: as súas árbores autóctonas e os muros de pedra.

Segundo destacan na web da organización, a meirande parte das estradas tradicionais galegas tiñan árbores autóctonas en ambas marxes, “probablemente para facer más cómodas as viaxes entre pobos e facilitar a saúde dos animais que tiraban das dilixencias . Porén, coa chegada do automóbil “e sobre dos camións”, estas estradas foron sufrindo ampliacións laterais que levaron á tala das árbores en cuestión.

Unha das poucas estrada que resiste o envite do asfalto é a LU-231, situada entre as localidades de Friol e Palas de Rei, unindo as comarcas lucense da Ulloa. Segundo destacan na Lista Vermella, a estrada conta a ambos lados con castiñeiros, bidueiros e carballos; que á parte de ser especies autóctonas tamén son non pirófitas, é dicir, máis resistentes ós lumes. Completando o conxunto tradicional atópanse os muros de pedra “a xunta seca”, é dicir, sen cemento, unha técnica declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

DEMANDAS

Nestas circunstancias, as demandas da plataforma oriéntanse á Xunta de Galicia para esixir que evite ampliar a anchura da estrada, unha operación que podería rematar coa riqueza presente a ambas marxes da mesma. Neste aspecto, destacan que se ben a estrada “ten falta de conservación e mantemento” si “mantén viva a paisaxe creada no século XIX”. Polo tanto, piden ás autoridades autonómicas que eviten ampliar lateralmente a estrada para non “arrasar” ao seu paso patrimonio natural e construído. Actualmente hai unha petición en Change.org para deter as obras.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...