InicioSociedadeVolven dispararse os contaxios en Lugo, con 84 nun só día

Volven dispararse os contaxios en Lugo, con 84 nun só día

Preocupa o contaxio masivo nunha residencia do Incio,

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Galicia volveuse a disparar este venres ata os 1.995 tras aumentar noutros 212, cun brote de máis de 60 positivos nunha residencia no municipio do Incio. Esta xornada aumentan os contaxios en todas as áreas, en especial na de Lugo con 84 máis, e do total, 1.114 corresponden á da Coruña.

Así se reflicte dos datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, seis permanecen en UCI –igual que este xoves–, 67 atópanse en unidades de hospitalización convencional –tres máis–, e 1.922 en seguimento domiciliario –209 máis respecto da xornada anterior–.

Dos 1.995 casos activos, 1.114 corresponden á área da Coruña e Cee –69 máis que este xoves–; 254 á de Lugo –84 máis–; 144 á de Vigo –tres máis–, 85 á de Pontevedra e O Salnés –cinco máis–; 179 á de Ourense –22 máis–; 130 á de Santiago –17 máis– e 89 á de Ferrol –12 máis–. Ademais, Sanidade apuntou que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.737 persoas, 36 máis que a xornada pasada, e faleceron 628 pacientes con COVID –deles 133 en residencias–.

VÍTIMAS

As últimas vítimas, notificadas este venres, son dous homes da área sanitaria de Lugo de 93 e 77 anos con patoloxías previas, un deles residente no centro do Incio cun brote con máis de 60 casos.

Dos 1.995 casos activos na Comunidade galega, 84 están vinculados a centros residenciais, en relación a 68 usuarios –57 deles dun mesmo centro no Incio– e 16 traballadores –oito da mesma residencia–.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 294.691 fronte ás 290.491 contabilizadas ata este xoves, segundo os datos de Sanidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...