InicioSociedadeUn contaxio masivo nunha residencia do Incio dispara os casos de coronavirus...

Un contaxio masivo nunha residencia do Incio dispara os casos de coronavirus na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Galicia dispárase este xoves ata os 1.783 tras aumentar en 160, cun brote de 69 positivos nunha residencia no municipio do Incio. Esta xornada aumentan os contaxios en todas as áreas, salvo na de Pontevedra, que experimenta un leve descenso, e do total, 1.045 corresponden á da Coruña.

Así se desprende dos datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, seis permanecen en UCI –igual que este mércores–, 64 atópanse en unidades de hospitalización convencional –9 máis–, e 1.713 en seguimento domiciliario –150 máis respecto da xornada anterior–.

Dos 1.783 casos activos, 1.045 corresponden á área da Coruña e Cee –85 máis que este mércores–; 170 á de Lugo; 141 á de Vigo –tres máis–, 80 á de Pontevedra e O Salnés –catro menos–; 157 á de Ourense –12 máis–; 113 á de Santiago –22 máis– e 77 á de Ferrol –oito máis–.

Sanidade indica, así mesmo, que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.701 persoas, 44 máis que a xornada pasada, e faleceron 625 pacientes con COVID. A última vítima mortal, notificada este domingo, foi unha muller de 86 anos que estaba ingresada no Chuac e presentaba patoloxías previas.

Dos 1.783 casos activos na Comunidade galega, 86 están vinculados a centros residenciais, 69 máis que este mércores, en relación a 76 usuarios –65 deles dun mesmo centro no Incio– e 10 traballadores –catro da mesma residencia–. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 290.491 fronte aos 286.968 rexistrados ata este mércores, segundo os datos de Sanidade.

BNG PIDE INTERVENCIÓN DA XUNTA NA RESIDENCIA

Nun comunicado, a deputada nacionalista Carmen Aira reclamou ao Goberno galego un protocolo para “as persoas máis vulnerables”, á vez que ofreza información detallada ás familias para que non se produza a situación que se viviu noutras residencias galegas.

Así, mostra a súa preocupación por que a metade dos 128 usuarios da residencia do Incio estean infectados, nunha situación que, ao seu xuízo, constata “a incapacidade da Xunta” ante a “segunda onda” de contagios pola COVID-19.

Ademais, Carmen Aira censura que a contratación de só dúas persoas no HULA para o rastrexo resulta “insuficiente” e afea a “opacidade” de Sanidade sobre o número de rastreadores na provincia.

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...