InicioDeportesDani Escriche, traspasado á S.D. Huesca

Dani Escriche, traspasado á S.D. Huesca

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo e a Sociedade Deportiva Huesca confirmaron o traspaso do dianteiro Dani Escriche. Asina por catro tempadas, mais xogará cedido na vindeira campaña no Lugo. Escriche, de 20 anos, chegou ao club lucense en 2016. Competiu habitualmente co filial, en Preferente.

Escriche debutou en Segunda División o 27 de maio de 2017 precisamente en Huesca defendendo a camiseta do Club Deportivo Lugo. Xogou 15 minutos. A pasada tempada, competiu en 12 partidos de Liga e 1 de Copa marcando 2 goles. Foi titular nas derradeiras 6 xornadas.

Emilio Viqueira, director deportivo do Club Deportivo Lugo, afirmou que non haberá cláusula de partidos xogados por parte de Dani Escriche esta tempada na súa cesión en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...