InicioLugo e contornaLugoOs mozos de Lugo xa poden decidir que actividades lles ofrece o...

Os mozos de Lugo xa poden decidir que actividades lles ofrece o Concello

A iniciativa está aberta ós mozos de entre 14 e 35 anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este Día da Xuventude, os mozos deciden. O Concello de Lugo vén de anunciar que, con motivo desta celebración, abrirá unha enquisa para que os mozos do Concello poidan expresar que actividades lle gustaría que o Concello lles brindara. Así o fixo público a Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, dende onde explicaron que a iniciativa está dirixida aos mozos e mozos de 14 a 35, que poderán deixar por escrito as súas preferencias na páxina de Facebook de Xuventude, nos comentarios do post correspondente á iniciativa.

Segundo destacan dende a área de xuventude, medida xorde coa finalidade de “coñecer as propostas en actividades formativas ou de lecer” por parte dos mozos para “desenvolver un programa que se axuste aos gustos da poboación máis nova”. Deste xeito, e segundo indican dende o consistorio, no post de Facebook pódese indicar o tipo de obradoiros ou talleres formativos, visitas, rutas e outras actividades que poderían ser organizadas dende o Concello de Lugo, en cumprimento coas inquietudes dos mozos e mozas. O prazo, destacan, finalizará nun mes.

CCOO PIDE “FUTURO” PARA A MOCIDADE

Aproveitando tamén o día internacional da xuventude, CCOO fixo fincapé na necesidade de garantir “un futuro” para as xeracións máis mozas de Galicia fronte ás “incertezas, tanto sanitarias como económicas” que caracterizan o momento actual. Máxime, indican, cando nestas circunstancias “a mocidade e as mulleres son os colectivos que máis están a sufrir as consecuencias da pandemia”, tal e como dan proba unhas “condicións de traballo moi precarizadas que tiñan xa de antes e que se agravaron”.

Por esta razón, dende a formación sindical apuntan que agora é o momento de “incorporar a mocidade como suxeito propio nos debates de Estado, nos pactos de reconstrución e en todos os espazos”. Para enfrontar esta situación, destacan a necesidade de medidas concretas, “asentar industria no país”, investir nas universidades e reformular a FP dual para “garantir” un “emprego de calidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...