InicioCulturaOuteiro de Rei celebra este sábado a cultura das romarías

Outeiro de Rei celebra este sábado a cultura das romarías

A Carballeira de Santa Isabel será o lugar central da festa que, arredor de Manuel María, tenta recuperar o espírito comunitario das tradicionais romarías

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este sábado 14 de xullo a Casa-Museo Manuel María convida ao Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei. A ocasión é unha homenaxe á cultura das tradicionais romarías, con programación dende as 11.30 horas. 

Todas as persoas que se queiran achegar poderán gozar en Outeiro de Rei dunha xornada lúdica e festiva, de convivencia, de recuperación do espírito comunitario das tradicionais romarías. De foliada!

A actividade xira arredor do benquerido e admirado escritor Manuel María, que adicou por enteiro a súa vida á construción dunha cultura propiamente galega, dun país normal e normalizado, e que tanto colaborou co nacemento de tantas asociacións e proxectos culturais.

Ás 11.30 deste sábado, a horta da Casa-Museo Manuel María será o espazo da acollida para todas aquelas persoas que se acheguen a Outeiro de Rei. Alén do saúda por parte das persoas organizadoras, acompañarán este momento a Asociación Cultural e Musical Solfa e a música tradicional da agrupación Untia, que interpretarán unhas pezas.

Cartaz das romarías do Convivio da Cultura Galega de Outeiro de Rei
Cartaz das romarías do Convivio da Cultura Galega de Outeiro de Rei

Dende alí, ao son das gaitas, as persoas asistentes desprazaranse cara ao camposanto parroquial de Outeiro, onde se fará unha ofrenda a Manuel María. Despois continuarase a pé camiño da Carballeira de Santa Isabel, onde decorrera desde ese momento a xornada festiva, homenaxe ás romarias tradicionais

A partir das 13.00 horas, ao pé do río Miño, actuará a Banda Municipal de Rábade-Begonte-Outeiro Sons e Soños, dirixida por Armando Morales Blanco, para logo celebrar un xantar colectivo. 

Ás 16.30 o grupo de teatro Pereira de Lobos representará con monicreques Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo. E ás 17.00 horas levarase a cabo unha foliada, coordinada por Xurxo Souto, e na que comparecerá a música dos grupos Untia, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de Pau, Parabéns, Reviravolta e Cantareiros Contigo.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...