InicioMedioambiente e PatrimonioA entrada ao parque Avifauna será gratuita para os menores de 14...

A entrada ao parque Avifauna será gratuita para os menores de 14 anos

A deputación de Lugo firmou un convenio de colaboración co parque de aves a través do que a institución achega 40.000€.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da asociación centro de interpretación Avifauna, Antonio Ibáñez Burgo, asinaron un convenio de colaboración a través do que a institución provincial achega 40.000€ para impulsar actividades e contribuír ao funcionamento do Parque Zoolóxico Ornitolóxico que xestiona o colectivo en Outeiro de Rei. No acto de firma do acordo, que tivo lugar na Sala de Xuntas, tamén participou o Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo.

O obxectivo desta axuda é a realización de actividades relativas á difusión, fomento e
formación en materia de espazos naturais e fauna, o estudo, conservación e mantemento de especies en catividade e o funcionamento xeral do parque zoolóxico Avifauna.

Tomé Roca explicou que unha das accións que se desenvolven grazas a este convenio é
permitir o acceso gratuíto ás instalacións dos menores de 14 anos que residen na provincia.

O Presidente destacou o importante traballo que o colectivo realiza para protexer e conservar as
aves.

Avifauna alberga máis de 200 especies diferentes de aves, repartidas actualmente nunha
extensión de preto de 30.000 m². O Parque Zoolóxico está deseñado para a realización de
visitas guiadas mediante un percorrido a través dun xardín botánico no que os participantes
poden observar a riqueza e variedade de aves dos 5 continentes.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...