InicioEconomíaUn pensionista de Lugo cobra case 150 euros menos que un de...

Un pensionista de Lugo cobra case 150 euros menos que un de Pontevedra e da Coruña

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un pensionista de Lugo cobra case 150 euros menos que un de Pontevedra e da Coruña. Iso tendo en conta xa que as pensións galegas son das máis baixas do Estado. Así, a pensión media en Galicia subiu un 2,27% en xullo respecto ao mesmo mes de 2019, ata alcanzar os 860,18 euros, pero mantense como a segunda máis baixa de España, só superada por Estremadura (842,55 euros).

Así se desprende dos datos publicados este martes polo Ministerio de Inclusión Social, Seguridade Social e Migracións, que detalla que o número de pensionistas, a 1 de xullo, situábase en 764.076 persoas, o que representa un 7,82% sobre o total estatal e supón un descenso do 0,19% en relación ao mesmo mes do ano anterior.

Por provincias, na da Coruña, o número de pensións ascende a 299.109, un 0,07% máis que o xullo de 2019, e cunha media de 905 euros un 2,23% máis. Na de Lugo, son 115.218 pensións, cun descenso do 1,06%, e unha media de 766,50, o que supón un aumento do 2,44%.

Na de Ourense, o número de pensións sitúase en 107.245, un 0,9% menos, cunha medida de 743,96 euros, un 2,19% máis. No caso de Pontevedra, con 249.504 pensións, un 0,23% máis, a pensión media está en 900,81 euros, un 2,16% máis.

DISTRIBUCIÓN POR PENSIÓNS

Por incapacidade permanente en Galicia o número de pensións ascende a 69.457, cunha pensión media de 891,28 euros; a de xubilación sitúanse en 478.731, cunha media de 978,56 euros. Ademais, hai un total de 185.744 pensións de viuvez, con 612,76 euros de media. As pensións con complementos a mínimo ascenden nesta autonomía a 227.063.

A NIVEL ESTATAL

No conxunto do Estado, a Seguridade Social destinou este mes de xullo 9.882,6 millóns de euros ao pago de pensións contributivas, case un 2,3% máis que no mesmo mes de 2019 e un 0,2% máis en comparación co mes de xuño deste ano.

Na nómina de xullo abonáronse 9.767.050 pensións contributivas, 12.310 prestacións máis que en xuño, “moi por encima do incremento rexistrado o mes pasado respecto de maio (603)”, destacou o Ministerio, que resaltou ademais que, por segundo mes consecutivo, mantense o cambio de tendencia no número de pensións abonadas tras os descensos de marzo, abril e maio, en plena pandemia.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...