InicioSucesosDetido por introducir heroína en libros e revistas nos cárceres de Bonxe...

Detido por introducir heroína en libros e revistas nos cárceres de Bonxe e Teixeiro

O home, que contaba xa con múltiples antecedentes penais, foi posto a disposición xudicial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP), na chamada ‘Operación Crucigrama‘, detiveron a un home de 53 anos e con múltiples antecedentes penais, por utilizar envíos de revistas ou libros aos centros penais de Bonxe (Lugo) e Teixeiro (A Coruña) para introducir heroína en ambos cárceres entre as súas páxinas.

Segundo informou a Comisaría Provincial de Lugo, a investigación púxose en marcha no mes de maio, cando un veciño da cidade presentouse na Oficina de Denuncias e Atención ao Cidadán para informar de que Correos devolvéralle un paquete do centro penal de Bonxe que el non enviara.

Os axentes que inspeccionaron o seu contido decatáronse de que algunhas páxinas dos volumes que formaban parte do envío estaban pegadas e no seu interior había unha substancia “polvorienta de cor marrón entre papel de fumar”, que resultou ser heroína.

Ao poñer en marcha unha investigación, os axentes encargados do caso pronto descubriron que o agora detido utilizaba nomes e domicilios doutras persoas para realizar envíos de revistas ou libros aos centros penais de Bonxe e Teixeiro.

Para meter a droga no cárcere, introducía a heroína entre dúas páxinas, envolvida en papel de fumar, e logo pegábaas para que parecese unha soa, de forma que pasaba sen xerar sospeitas os controis de entrada.

Trágase dun vello método que, segundo a policía, hai “moito tempo” que deixara de ser utilizado.

O detido foi posto onte a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...