InicioSociedadeNovo positivo no foco de Vilalba-Xermade, aínda que a alcaldesa di que...

Novo positivo no foco de Vilalba-Xermade, aínda que a alcaldesa di que está controlado

Elba Veleiro destaca que todos os contaxiados son familiares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, considera que o foco de coronavirus detectado no seu municipio está controlado, porque as probas PCR realizadas polo Sergas nos últimos días permitiron comprobar que todos os casos positivos circunscríbense “ao ámbito familiar”.

En declaracións a Cope Lugo, recollidas por Efe, a alcaldesa informou de que este martes lle foi confirmado un novo positivo, o que eleva a 5 o número de contaxios en Vilalba, aos que habería que sumar outros dous no municipio veciño de Xermade, todos membros da mesma familia.

En todo caso, lembrou que “o primeiro foi detectado o luns” da semana pasada, de modo que “case, case” están a piques de saír “da corentena” sen que o número de positivos aumentase de momento de forma preocupante. “Dentro duns días, a finais desta semana, van empezar a saír da corentena”, insistiu, e “todos os positivos son do ámbito familiar. Non saíu de aí”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...