InicioEconomíaiBoneLab, unha empresa 'biotech' luguesa de proxección internacional

iBoneLab, unha empresa ‘biotech’ luguesa de proxección internacional

Trátase dunha empresa constituída a finais de 2019 por catro membros do Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias da USC.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A tecnoloxía e innovación lucense saltan fronteiras. É o exemplo de iBoneLab, unha empresa que comeza a ter proxección internacional grazas a que testa e avalia a biocompatibilidade de materiais en tecidos vivos, especialmente tecidos duros, ademais de analizar a resposta destes fronte aos novos elementos hospedados.

Para acadar este obxectivo, a nova spin-off do Campus de Lugo da USC céntrase no procesado histolóxico de mostras seguindo a técnica coñecida como de “lámina delgada”, unha metodoloxía que permite visualizar os tecidos e os materiais implantados a expensas da súa dureza.

A tecnoloxía de imaxe microscópica, unida á xa dilatada experiencia acumulada polo seu
persoal, permite asemade a iBoneLab analizar a interacción dos distintos compoñentes
das mostras e proporcionar así información veraz sobre o comportamento dos tecidos
vivos ante os materiais implantados neles.

Outra das vantaxes competitivas que presenta iBoneLab está estreitamente relacionada
coa súa experiencia na realización e avaliación de estudos de microtomografía computerizada. Ademais destas prestacións de carácter pioneiro, iBoneLab concentra nunha única empresa todos os pasos da investigación en integración de materiais, desde o
asesoramento técnico e a prestación de axuda á formulación da idea ata a entrega de resultados.

Constituída como empresa de base tecnolóxica a finais de 2019 a iniciativa de Antonio
González Cantalapiedra, Mónica López Peña, Fernando Muñoz Guzón e María Permuy
Mendaña, iBoneLab agrega os coñecementos e experiencias adquiridas durante máis de
20 anos por estes catro membros do Departamento de Anatomía, Produción Animal e
Ciencias Clínicas Veterinarias da USC.

Ofrece os seus servizos a clientes nacionais e tamén de fóra de España, sobre todo en Canadá, Israel, Noruega ou, entre outros, Suiza, sinalan.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...