InicioSociedadeO alcalde da Pontenova denuncia que os recortes da Xunta deixan "un...

O alcalde da Pontenova denuncia que os recortes da Xunta deixan “un só médico para 2.300 persoas”

Critica que a redución de persoal teña lugar na tempada turística e a pandemia da covid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, criticou este luns a “nula” atención médica que padecen os veciños e veciñas da Pontenova como consecuencia da “política letal do PP no noso Concello”.  Segundo apunta o consistorio, en mans do PSdG, “dende fai mais dunha semana só hai un medico para atender aos pacientes da vila. Primeiro suprimiron unha praza das tres que había, e agora un hai unha baixa e non a cobren”.

O alcalde critica de xeito particular que a reducción do cadro de persoal teña lugar no verán, momento no que se produce un incremento da poboación como consecuencia do turismo e xusto cando “estamos atravesando unha pandemia tan grave como a do COVID”, destaca. Neste aspecto, o rexidor alude directament eó goberno de Feijóo para esixirlle “uns servizos públicos de calidade” como, apunta, “merecemos os veciños do rural, máxime nun municipio como a Pontenova cunha poboación altamente envellecida, onde
os pacientes xa contan cunhas patoloxías que merecen mais atención e máis
tempo de consulta”.

Por iso, apunta, “non podemos consentir que nos supriman servizos. Esiximos ao PP que cubra a praza médica da Pontenova para que as veciñas e veciños poidan ser atendidos con tódalas garantías médicas. Un médico non chega para atender aos 2.300 veciños”.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...