InicioSociedadeCastro de Rei recomenda non beber auga da billa ata o luns

Castro de Rei recomenda non beber auga da billa ata o luns

A precaución, resultado das últimas analíticas da auga da traída municipal, afectan a Castro e outras 13 parroquias do municipio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ata o vindeiro luns 16 de xullo, os veciños do municipio chairego de Castro de Rei terán unha seria restricción para o consumo de auga. Logo das recentes analíticas na auga de consumo humano, o Concello tomou a decisión de emitir un bando no que se recomenda non beber auga da billa, nin empregala en ningún tipo de preparado, no núcleo municipal e noutras trece parroquias.

Tal e como especifica o bando, solicítase evitar o consumo da auga da traída municipal en Castro de Ribeiras de Lea, así como en Duarría, Loentia, Ribeiras de Lea, Matodoso, Triabá, San Xiao de Mos, Ansemar, Viladonga, Quintela, Bendia, Bazar, Outeiro e Pacios.

Dende o Concello decidiron prolongar a precaución ata o luns 16 de xullo, cando previsiblemente a auga potable volverá aos niveis axeitados de metais, logo das medidas adoptadas na planta de captación de Quintela.

Pola súa banda, os socialistas de Castro din que “o rexedor non pode tan só recomendar aos veciños non beber auga durante catro días, o que debe facer é informar se a auga é potable ou non porque está xogando coa saúde e a economía de todos”. A voceira local do PSdeG, Marisa Rodríguez Gigán, que adiantou que poderá haber sancións por parte da Consellería de Sanidade, pediu que se especifique se esta auga a poden beber os animais, polos posibles prexuízos para as explotacións gandeiras.

Os socialistas lembraron que a valoración de se a auga é de consumo humano e conta cos parámetros óptimos corresponde á Xunta. Este venres debatirán no pleno sobre estas cuestións, solicitarán a revisión por parte de técnicos municipais especializados das instalacións da planta de captación de Quintela, e preguntarán ao goberno do Partido Popular se realizaron a limpeza dos depósitos de distribución que ten a obriga por lei de facer unha vez ao ano.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...