InicioSociedadeSanitarios cuestionan os datos da Xunta sobre o brote: "Hai un desfase...

Sanitarios cuestionan os datos da Xunta sobre o brote: “Hai un desfase entre o que din e o que hai”

Sinalan "diferenzas" entre o número de casos ao que teñen acceso a través do sistema Ianus e o que facilita publicamente cada día a Consellería de Sanidade,

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sanitarios do distrito da Mariña cuestionan os datos ofrecidos pola Xunta de Galicia respecto do brote de coronavirus da bisbarra. Profesionais tanto do Hospital da Costa como de Atención Primaria constatan “un desfase” entre o número de casos ao que teñen acceso a través do sistema Ianus e o que facilita publicamente cada día a Consellería de Sanidade, sempre significativamente menor.

“Hai un desfase entre o que se publicita e o que hai”, explica Iago Villamil, médico do Hospital Público da Mariña, que explica que “se os facultativos teñen acceso aos datos, nos seus centros de saúde, das PCR feitas polo servizo de microbioloxía, tamén por suposto o ten a Consellería; a información existe, o que non sabemos son cales son os criterios e os motivos polos cales non se dá”.

Villamil expón que os sanitarios son conscientes desta diferenza desde “hai semanas” e argumenta que “se os datos aos que temos acceso os profesionais non son fidedignos, sería para soprenderse”.

“OPACIDADE INFORMATIVA” DO SERGAS

O pasado mércores, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) informaba sobre as 15.20 horas aos medios de comunicación dun total de 144 casos relacionados co brote da Mariña Lucense. A esa altura, a cifra de positivos era de 163 só nos municipios de XoveCervoBurela e Foz.

Se ben é certo que o concello burelao é o municipio máis castigado polo foco de coronavirus, as contas non saen tendo en conta que só no concello de Viveiro detectábanse, segundo confirmou o Concello, outros once infectados, con 46 persoas confinadas; o alcalde de Ribadeo, a última hora do mércores, comunicou catro infectados de Covid-19, con 20 veciños en seguimento; Barreiros ten cinco afectados e 45 illados, confirmados polo goberno local.

“Hai un constante baile de cifras porque constantemente se cambian os criterios”, afirma Villamil, que critica a “opacidade informativa” e lembra que Galicia é das poucas Comunidades Autónomas “que aínda non dan datos por concellos“, remarca o facultativo, unha política que a Consellería de Sanidade mantivo desde o inicio da pandemia.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

O estanco de Lugo que repartiu 1,25 millóns co terceiro premio vendeu o 11.840 por máquina

O número 11.840 resultou agraciado co terceiro premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de...

Falece un condutor en Navia de Suarna tras caer por un barranco de 10 metros

Un home faleceu na madrugada deste domingo na parroquia de Mosteiro, en Navia de...

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...