InicioPolíticaVox pide protección policial no mitin en Lugo pola convocatoria dunha concentración...

Vox pide protección policial no mitin en Lugo pola convocatoria dunha concentración antifascista

Santiago Abascal visitará este venres 3 de xullo a cidade das murallas en apoio a Sonia Teijeiro de cara ás eleccións autonómicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicesecretaría Xurídica de Vox denunciou ante a Xunta Electoral de Galicia dúas concentracións convocadas por grupos denominados antifascistas contra os mitins que o partido prevé celebrar nas cidades de Lugo e A Coruña este fin de semana. Concretamente, o líder estatal de Vox, Santiago Abascal, visitará hoxe a cidade das murallas.

Segundo advirte a formación a través dun comunicado, trátase de dúas mobilizacións organizadas por “grupos radicais” e “violentos”, para as que piden “a acción policial necesaria” para que non se produzan e que os seus actos de campaña se poidan desenvolver “sen presións e sen risco para a integridade física” dos asistentes.

En concreto, Vox denunciou ante a Xunta Electoral galega dúas concentracións convocadas por plataformas denominadas “antifascistas”, principalmente a través de redes sociais. A primeira, este venres en Campo Castelo en Lugo, e a segunda, fronte ao Palexo na Coruña organizada por Acción Antifascista, coincidirán cos mitins que ofrecerá o presidente do partido, Santiago Abascal.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...