InicioSociedadeOs casos activos seguen á alza en Lugo ao confirmarse máis afectados...

Os casos activos seguen á alza en Lugo ao confirmarse máis afectados polo brote da Mariña

O Sergas informa de 35 persoas contaxiadas na Mariña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informaba esta mañá dun total de 53 casos activos na área sanitaria de Lugo, tres máis ca os referidos onte. Deles, un atópase ingresado no HULA e outros dous no Hospital Público da Mariña. Un anaco máis tarde, a actualización de datos do Sergas incluía información sobre a situación concreta do brote do norte da provincia: soben a 35 as persoas afectadas polo foco de coronavirus.

Nesta comarca, realizáronse “máis de 500 PCR”, segundo a Consellería de Sanidade. Ademais, hai 400 persoas que permanecen en seguimento domiciliario malia dar negativo na proba.

A provincia de Lugo supera hoxe a barreira das 1.000 persoas contaxiadas por COVID-19 dende o inicio da pandemia. Os datos históricos tamén revelan un balance de 28 falecementos e 925 curacións.

GALICIA

Pola súa parte, Sanidade dá conta de 313 casos activos na comunidade galega. O resto de áreas sanitarias, á parte da lucense, rexistran descenso ou estabilidade no número de positivos.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...