InicioOpiniónDiario da nova normalidade: carta de Deus ao Home

Diario da nova normalidade: carta de Deus ao Home

Unha reflexión sobre aquelas cousas que se fan en nome da relixión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Manolo Díaz | Estimado e temido Home Todopoderoso: Diríxome a vostede para facerlle chegar un rogo que espero poida atender. Seguramente oiría falar de min. Son Deus, ese ser que os seus crearon hai moitos, moitisimos anos, cando a súa especie apenas se distinguía do resto dos animais; cando o descoñecemento, o temor, o desexo de protección e a ignorancia facíalles tan vulnerables como calquera outro animal.

Creáronme vostedes ao seu xeito, adornado con todos os seus defectos e virtudes. Naqueles tempos primitivos era ata divertido ser un deus… Mellor dito, ser deuses, porque as súas carencias eran demasiadas como para crear un único deus. Creáronme, pero creáronme escravo das súas crenzas e necesidades. Imaxináronme baixo distintas formas e atributos.

Cada novo crente atábame (e ségueme atando) coas súas cadeas, esixindo de min que lle axudase a paliar a súa dor e o seu descoñecemento. Creáronme (creáronnos) cando aínda non comprendían vostedes o mundo que lles rodeaba e as leis que o rexían. Cando non sabían que podían existir leis que gobernasen o mundo e o universo. Por iso creáronme (creáronnos) tan disparatados. Imaxináronnos conforme ás súas propias fantasías e temores, tan disparatados como só a mente dun neno pode crear a un ser inventado para que lle axude.

Podes ler o artigo completo de Manolo Díaz no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘  —agora ‘Diario da nova normalidade’— conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...