InicioSucesosIntensifícanse os controis de motos en Lugo ao detectar un aumento dos...

Intensifícanse os controis de motos en Lugo ao detectar un aumento dos sinistros

Os axentes porán o foco na velocidade de circulación, o uso de casco ou as condicións técnicas do vehículo, entre outras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo anunciou que incrementará a vixilancia e os controis sobre os usuarios de motocicletas tras detectar un aumento da sinistralidade deste tipo de vehículos.

Segundo informaron a través dun comunicado, a medida que a provincia “foi recuperando a mobilidade cos sucesivos cambios de fases, foi aumentando a circulación de motocicletas” e, á súa vez, “o número de accidentes nos que se viron involucrados este tipo de vehículos”.

Os axentes incrementarán os controis nas vías e horarios “con maior presenza de motoristas”, en estradas como a N-VI, N-640, N-120, N-634, N-642, LU-530 e LU-633.

Entre todos os parámetros, farase especial fincapé no control de velocidade, as manobras perigosas durante a condución, o uso do casco, a adecuación do permiso de circulación ou as condicións técnicas do vehículo.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...