InicioOpiniónDiario da nova normalidade: citas que se fan esperar

Diario da nova normalidade: citas que se fan esperar

« As circunstancias impediron o noso encontro, que, por outra parte, nada tiña de romántico (...) Agora di que ata o vindeiro verán nada! Aló van ir dous anos de espera. Outra vez... »

PUBLICADA O

- Advertisement -

Entre todos os encontros cancelados nos últimos meses, houbo un que me fastidiou especialmente por tan agardado que era. Quedaramos en vernos no mes de abril e así o apalabraramos hai xa ano e medio. Eu gardaba por escrito a promesa desa xuntanza, como a proba dunha relación iniciada que unha conta estender no tempo por moito que iso implique dores de cabeza. Xa sabedes: ‘non o quero, pero necesítoo’. 

As circunstancias impediron daquela a nosa cita, que, por outra parte, nada tiña de romántica. A anulación chegou por teléfono e eu entendino perfectamente. Xa contaba con iso. De feito, para ser sincera, a verdade é que naqueles días non me prestaba nin un chisco atoparme co suxeito en cuestión. Canto máis lonxe, mellor.

O que non supoñía eu —inocente de min!— é que o tal Sergas e mais eu tardariamos tanto en volver cadrar para resolver aquel asunto que quedara pendente. Agora di que ata o vindeiro verán nada! Aló van ir dous anos de espera. Outra vez…

Dixo que cambiara, que se volvera mellor nestes últimos dez anos, que agora trataba mellor as profesionais que o constrúen… Eu oínas queixarse durante toda a pandemia —e moito antes!—, así que agora non serven  convites a cafés para recuperar a súa confianza.  É o conto de sempre, amigas, a vella (a)normalidade ás voltas. 


[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’  —agora ‘Diario da nova normalidade’— que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...