Home Lugo e contorna Lugo Unha festa xuntou 24 persoas nun local de Lugo malia que só podería haber nove como máximo

Unha festa xuntou 24 persoas nun local de Lugo malia que só podería haber nove como máximo

0
Unha festa xuntou 24 persoas nun local de Lugo malia que só podería haber nove como máximo
Efectivos da Policía Local / CLM24

A Policía Local de Lugo denunciou un establecemento por ter 24 clientes no canto dos nove permitidos debido á limitación de aforamento pola crise sanitaria polo coronavirus COVID-19.

Nunha inspección realizada na pasada madrugada, comprobaron que un local situado na rúa Abad superaba a ocupación ao 75% establecida na normativa. No seu interior, 24 clientes celebraban unha “festa de aniversarios”, polo que pasaban por moito a cifra das nove persoas permitidas en dito local.

Ademais, inspeccionaron outro local na rúa Manuel María e levantaron unha acta de denuncia por exceder o límite horario establecido. Neste caso o establecemento debía de pechar ás 2:30 horas, pero os axentes atopárono aberto ás 3:20 horas. Había “xente no interior consumindo e os camareiros servían consumicións”, indicaron as mesmas fontes.

+ posts