InicioSociedadeSen odontoloxía no centro e sur de Lugo por mor das vacacións

Sen odontoloxía no centro e sur de Lugo por mor das vacacións

A central sindical CIG demanda que o Sergas realice a cobertura da especialidade de odontoloxía en atención primaria durante o verán

PUBLICADA O

- Advertisement -

A central sindical CIG-Saúde denuncia que o Servizo Galego de Saúde leva anos sen cubrir as prazas médicas en época estival, con independencia da especialidade afectada, por mor das vacacións estivais. Este feito está vencellado aos recortes en sanidade e non a causas organizativas, advirten. Durante este verán será o servizo de odontoloxía o que quedará sen especialistas.

A falla afectará aos diferentes complexos médicos do centro e o sur lucense, na EOXI Lugo – O Cervo – Monforte. Para o usuario da sanidade pública, implicará considerables desprazamentos se o odontólogo ou odontóloga que lle corresponde por área sanitaria atópase de vacacións. Dende a CIG salientan que un veciño de Carballedo tería que desprazarse 40 quilómetros ata Monforte se o profesional de Chantada está de descanso.

Contra estas complicacións, CIG-Saúde demanda a cobertura das odontólogas de atención primaria e dos demais profesionais durante as ausencias motivadas polas vacacións de verán.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...