InicioSociedadeArroxo: "Seguiremos adiante co proxecto de peonalización da Rolda da Muralla"

Arroxo: “Seguiremos adiante co proxecto de peonalización da Rolda da Muralla”

O PP tacha de "chapuza estética" o carril peonil, pero o Concello asegura que está elaborando un proxecto moito máis exhaustivo ca o implantado durante o estado de alarma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O tenente de alcalde e responsable de Mobilidade e Infraestruturas no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, confirmou a intención do goberno local de “seguir adiante co proxecto de peonalización e humanización da Rolda da Muralla”, para liberar de “tráfico” a vía perimetral que rodea ao monumento romano.

Coa peonalización do carril interior da Rolda da Muralla, realizada xa de forma provisional, “os veciños de Lugo gañaron unha zona de paseo peonil de 2,5 quilómetros”, dixo Arroxo. O edil sinalou que este proxecto servirá para preservar o propio monumento, dado que “gran parte das fisuras na Muralla -que é Patrimonio da Humanidade- débense ás vibracións que provocan os vehículos ao circular tan preto” dela.

Desde o seu punto de vista, “a única solución a este problema é reducir o tráfico na contorna da Muralla, o que beneficiaría a cidadanía, que gañará ademais un espazo peonil na contorna do noso monumento máis querido”. De feito, mostrouse convencido de que os veciños da cidade son “favorables” de forma maioritaria ao “proxecto de humanización que está a levar adiante a área de Mobilidade”.

PARA O PP, “CHAPUZA ESTÉTICA”

O grupo municipal do Partido Popular criticou en repetidas ocasións a provisionalidade do carril peonil instalado durante o estado de alarma e cualificouno de “chapuza estética“. Non obstante, Arroxo anunciou que o seu departamento xa está “a traballar nun plan de tráfico definitivo moito máis exhaustivo”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...