InicioMedioambiente e PatrimonioA rehabilitación do Pazo do Xeneral Paredes, en Portomarín, comezará no outono

A rehabilitación do Pazo do Xeneral Paredes, en Portomarín, comezará no outono

O interior da Casa do Conde da Maza, como tamén se coñece este edificio, será renovado para convertelo nun centro sociocultural. O Goberno central licitou as obras por 174.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) licitou as obras de rehabilitación interior do Pazo do Xeneral Paredes (Portomarín) por un importe de 173.729 euros. Segundo informou o Goberno nunha nota de prensa, os traballos iniciaranse previsiblemente no outono deste ano, cun prazo de execución de seis meses.

O Pazo do Xeneral Paredes, ou Casa do Conde da Maza, foi propiedade do Conde de Taboada, tamén coñecido como Da Maza, descendente dunha “antiga e dilatada dinastía de militares”, explica o Executivo central. O Concello de Portomarín busca agora pór en uso este pazo, datado do século XVI, para habilitalo como centro sociocultural no que os veciños poidan realizar distintas actividades.

Coas obras que se licitan, abordaranse traballos de demolición de tabiquerías para adaptar a distribución interior ao uso público sociocultural, turístico e deportivo que se require. Para iso, crearanse novas estancias, renovaranse chans, teitos e paredes, así como a carpintaría interior, e instalarase un ascensor e ramplas, ademais de crear vestiarios e aseos adaptados e renovar a instalación eléctrica, a calefacción e a fontanaría.

Esta actuación realízase no marco do Programa de Rehabilitación do Patrimonio Arquitectónico do Ministerio, que consiste na execución de obras relevantes de rehabilitación do patrimonio arquitectónico español e dotación de equipamentos públicos cos orzamentos propios.

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...