Home A Ulloa Bares de ocio nocturno e discotecas poderán abrir na fase 3, pero sen pistas de baile

Bares de ocio nocturno e discotecas poderán abrir na fase 3, pero sen pistas de baile

0
Bares de ocio nocturno e discotecas poderán abrir na fase 3, pero sen pistas de baile
Discoteca | Europa Press - Arquivo

Bares de ocio nocturno e discotecas poderán abrir desde este luns, 8 de xuño, día no que entra a fase 3 do plan de desescalada en Galicia. Deberán respectar a limitación de 1/3 da súa ocupación e quedará restrinxidas as pistas de baile, segundo publica este sábado o Boletín Oficial do Estado (BOE).

A orde ministerial sinala que no caso de que no local houbese un espazo destinado a pista de baile ou similar, este poderá ser utilizado para instalar mesas. Porén, queda prohibido que ese espazo se dedique ao seu uso habitual.

Desta forma, o Goberno dá resposta a empresarios e asociacións integradas en ‘España de Noite’ que reclamaran a reapertura na fase 3 para evitar a desaparición de 15.000 empresas despois de tres meses de peche da súa actividade.  “Por desgraza esta situación esta provocando a perda de 25.000 empregos e durante as próximas semanas está cifra pódese incrementar, xa que o 55,32% das empresas manteñen a todos os seus traballadores nun ERTE”, aseguraban os empresarios.

En termos económicos, o sector do lecer constata unha caída de facturación de 8.000 millóns de euros e unhas perdas económicas por empresa que van desde os 23.000 euros dos pequenos bares de copas ata os 157.000 euros das grandes salas de festa.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here