InicioCulturaLugo acende o seu "fío musical" con actuacións en directo arredor da...

Lugo acende o seu “fío musical” con actuacións en directo arredor da Muralla

Este venres 5, a partir das 20:30h, dá comezo a iniciativa 'Muralleando sen parar'. Grupos locais tocarán en diversos puntos da Rolda para que "unha volta completa ao monumento sexa tamén unha viaxe musical".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Concello de Lugo anunciou que este venres, a partir das 20:30 horas, acenderá o “fío musical” da Muralla romana coa actuación en directo de tres grupos locais en distintos puntos da Rolda.

Ponse en marcha así a iniciativa ‘Muralleando sen parar’, cuxo programa inclúe concertos ao aire libre de 36 grupos musicais locais. Colocaranse nas diferentes zonas axardinadas que hai ao pé da Muralla e ofrecerán música que acompañe os viandantes nos seus paseos. A idea é crear unha especie de “fío musical” en directo con atención “a todos os estilos”. Desta maneira, “unha volta completa á Muralla converterase tamén nunha viaxe musical”, subliñou a edil de cultura, Maite Ferreiro.

Ela mesma precisou que se trata dunha iniciativa do goberno local para mostrar o que “a peonalización da Rolda da Muralla pode ofrecer aos veciños de Lugo”. “Trátase dunha aposta polo tecido cultural local, polo son e pola música de Lugo, que estará representanta a través de distintos estilos musicais”, engadiu.

A PROGRAMACIÓN

‘Muralleando sen parar’ comezará este venres cos grupos Patuk Band, Man de Santo e Pingarea; e seguirá o sábado con Caivanca, Lacón con Grelos Blues Band e The Old Project. A primeira fin de semana deste novo concepto de festival urbana terminará o domingo 7 de xuño con Funkombo, Muddy Doll e Ship of Fools.

Ferreiro animou os veciños da cidade para “utilizar o novo paseo peonil da Rolda e a propia Muralla como zona de paseo e a asistir, ao mesmo tempo, a esta nova forma de descubrir e gozar da cultura de Lugo”. EFE

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...