InicioSucesosDetida unha lucense por un roubo en Abegondo e investigada por outro...

Detida unha lucense por un roubo en Abegondo e investigada por outro en León

Outro home de Lugo foi arrestado por un delito de receptación de produtos de alimentación subtraídos dunha fábrica da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade de Lugo unha veciña deste municipio por un roubo con forza nas cousas cometido no municipio de Abegondo (A Coruña). Estas persoas, ademais, foi investigada por outro roubo en Bembibre (León).

Segundo informou o Instituto Armado, foi arrestada R.M.B., de 38 anos de idade e veciña da capital lucense, foi posta a disposición xudicial.

RECEPTACIÓN

Por outra banda, a Garda Civil detivo o pasado mércores en Lugo a A.J.M., de 42 anos de idade e veciño do Carqueixo, como presunto autor dun delito de receptación.

O presunto autor supostamente recepcionou “numerosos produtos de alimentación subtraídos do interior nunha fábrica situada na provincia de Lugo”, sinalou a Benemérita, que engadiu que esta persoa tamén pasou a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...