Home Comarca de Meira A Deputación renovará o céspede da Lomba

A Deputación renovará o céspede da Lomba

0
A Deputación renovará o céspede da Lomba
Visita do presidente da Deputación, Darío Campos, ao campo da Lomba, en Meira

Ramón González Rey | A Deputación de Lugo arranxará o terreo de xogo do campo de fútbol municipal de Meira, A Lomba. O ente provincial aprobou este venres na xunta de goberno a contratación das obras de reparación do campo, que se atopa nun estado de deterioro que dificulta a práctica do deporte.

As obras terán un orzamento de 48.400 euros, e consistirán na renovación integral do céspede e do sistema de rego. O campo conta cunha drenaxe que é insuficiente, o que supón que as épocas de choiva agraven o seu mal estado e aumente así o risco de lesións para os usuarios.

O Meira Fútbol Club, que utiliza as instalacións a cotío, é o principal beneficiado das obras, aínda que todos os veciños poderán desfrutar da mellora xa que o campo é de titularidade municipal. Así, o presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, salienta que a actuación responde “a unha demanda dos veciños”.

Segundo Campos, o investimento do goberno provincial no último ano e medio na mellora de instalacións deportivas municipais alcanza os 2,7 millóns de euros.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here