Home Lugo e contorna Lugo Falece unha muller tras sufrir un accidente de moto a pasada fin de semana na cidade

Falece unha muller tras sufrir un accidente de moto a pasada fin de semana na cidade

0
Falece unha muller tras sufrir un accidente de moto a pasada fin de semana na cidade
Policía Local de Lugo.

EFE | Unha condutora dunha motocicleta que tivo un accidente o pasado sábado cando circulaba polo centro urbano da cidade de Lugo morreu como consecuencia das feridas, segundo informou a Policía Local.

O accidente produciuse cara ás 19:30 horas na rúa Monte Adairo cando a condutora perdeu o control da motocicleta e impactou contra un bordo e, posteriormente, contra a esquina dun inmoble.

A vítima foi evacuada de urxencia ao hospital Lucus Augusti en estado “moi grave”, segundo a Policía, e faleceu poucas horas despois en dito centro médico debido ás lesións.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here