InicioSociedadePiden a dimisión da dirección do Polusa por ocultar ao persoal un...

Piden a dimisión da dirección do Polusa por ocultar ao persoal un positivo por COVID-19

CCOO denuncia que boa parte das probas de detección realizadas ao persoal de enfermaría e celadores «desapareceron» e non se coñecen os resultados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A representación sindical de CC.OO. no hospital Polusa denuncia que a dirección lle ocultou “durante dúas semanas ao persoal un caso positivo de COVID-19”. Piden a dimisión da directiva, a quen acusan de non ter escrúpulos e de “poñer en perigo” os traballadores que entraron en contacto co positivo.

Segundo avanza o sindicato, a comezos de mes comezou a haber rumores dentro do policlínico sobre un posible caso positivo de COVID-19 na unidade de maiores. Segundo comunicou CCOO, o pasado 8 de maio, a dirección convocou o comité de seguridade e saúde, para informalo “dunha cuestión de grande importancia”. Ese mesmo día, comezaron a tomárselles mostras a varias traballadoras e traballadores para a detección de coronavirus.

A representación sindical preguntou explicitamente se houbera algún caso confirmado de COVID-19. Desde a dirección a resposta foi negativa, segundo asegura CC.OO.  Porén, tras unhas supostas investigacións realizadas polo comité de seguridade e saúde, o luns 18 de maio o sindicato sinala ter descuberto o “engano”. “A dirección recoñécenos que tiña os resultados desde o pasado 2 de maio e que nos ocultaran a información”, afirman.

PROBAS PCR AO PERSOAL QUE CHEGAN TARDE

Do mesmo xeito, en canto ás probas realizadas o día 8, CC.OO denuncia que “boa parte” das que se lles fixeron ao persoal de enfermaría e celadores “están desaparecidas e non se coñece resultado ningún”. Ademais, o sindicato critica que houbo persoal en contacto co caso positivo en coronavirus ao que non se lle fixera nese tempo proba de ningún tipo.

Segundo CCOO, “tras a presión do comité, o día 21 de maio comézanselle a realizar as probas PCR ao persoal de Polusa”. A representación legal dos traballadores e das traballadoras repróchalle á dirección que as probas son insuficientes, “xa que transcorreu moito tempo desde o posible contaxio e poderían darse falsos negativos”.

A dirección de Polusa “nin sequera tomou a precaución de afastar o persoal exposto”, lamentan dende CC.OO, para afear que se puxera en perigo os traballadores e traballadoras, así como ás familias dos mesmos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...