InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta queimará 57 hectáreas de monte da provincia nun plan piloto...

A Xunta queimará 57 hectáreas de monte da provincia nun plan piloto antiincendios

No distrito forestal da Terra de Lemos haberá unha decena de queimas controladas. Os traballadores deberán manter a distancia mínima de dous metros, pero só se lles fará a proba PCR se presentan síntomas compatibles coa COVID-19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural pon en marcha este ano plans piloto en catro dos 19 distritos forestais existentes co fin de impulsar tarefas de prevención antiicendios que se centren en zonas de especial abandono e afectación polo lume. No caso da provincia de Lugo, o distrito elixido será o da Terra de Lemos (VIII).

Alí haberá cinco obras preventivas en perímetros de alto risco nos municipios de Bóveda, O Saviñao e Quiroga. Tamén haberá rozas en Chantada e Pobra do Brollón, entre outros. En total, faranse unha decena de queimas controladas en 57 hectáreas.

No conxunto da comunidade galega, a intervención afectará a preto de 630 hectáreas nun primeiro momento, aínda que a Consellería baralla a idea de estender esta práctica aos 19 distritos máis adiante. Rozas, devasas, eliminación de eucaliptos e piñeiros de marxes de estradas e melloras de pistas serán algúns dos traballos.

PROTOCOLO FRONTE AO CORONAVIRUS

Asemade, a Xunta trasladou un protocolo aos traballadores de prevención fronte ao coronavirus —ao que os sindicatos presentaron alegacións— no que se recolle que “se debe actuar sempre que sexa posible mantendo a distancia mínima de seguridade de dous metros”.

Aínda que os sindicatos reclamaron que se fixesen probas PCR de forma masiva entre os traballadores do servizo antiincendios, a Xunta fixa neste protocolo que só se realizarán cando un empregado “manifeste síntomas compatibles coa COVID-19“.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...