InicioSucesosVÍDEO | Desarticulan un "auténtico centro de cultivo" de marihuana nunha casa...

VÍDEO | Desarticulan un “auténtico centro de cultivo” de marihuana nunha casa de Becerreá

A Garda Civil detivo o propietario da vivenda, quen á súa vez foi vítima dun roubo na súa plantación. O domicilio xa permanecía baixo vixilancia dende o ano pasado. Nel entraban e saían persoas para conseguir droga incluso durante o confinamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil desarticulou en Becerreá un centro de cultivo de droga, ao descubrir unha vivenda que albergaba unha morea de plantas de suposta marihuana dispostas en invernadoiros interiores. Un veciño do Saviñao foi detido en relación a estes feitos.

Os axentes iniciaron unha investigación tras ter constancia o pasado 14 de maio de que nunha casa situada na localidade becerrense se apreciaban danos no portal, ademais de estar a fechadura de acceso forzada. Semellaba un roubo con forza, pero unha vez entraron no interior descubriron un “auténtico centro de cultivo”, segundo relatan fontes da Garda Civil.

ALLEOS AO ESTADO DE ALARMA

Non foi algo que “collera por sorpresa” os axentes, tal como explican as mesmas fontes, xa que as investigacións e vixilancia do domicilio comezara o ano pasado. De feito, xa se interpuxeron diversas diversas denuncias administrativas por tenencia de drogas a mozas da contorna do titular da vivenda, quen entraban e saían do domicilio incluso durante o confinamento.

No marco da inspección ocular da vivenda incautáronse un total de 27 plantas de marihuana cun peso neto de 1,5 quilogramos, así como todo o necesario para a distribución polo miúdo. A instalación no interior presentaba varios filtros de carbón activo para evitar cheiros nas vivendas veciñas, lámpadas de alta potencia, reflectores, ventiladores, aparellos para controlar a humidade e o PH da auga, báscula, bolsas herméticas individuais e aparellos para alimentación eléctrica dos invernadoiros.

ROUBO DE PARTE DA PLANTACIÓN

Segundo a Garda Civil, atopáronse indicios que conectaban a plantación co arrendatario da vivenda, un varón de 24 anos veciño do Saviñao, o cal á súa vez foi vítima do roubo de parte da plantación durante a madrugada do día 14 de maio. Aproveitando que este regresou ao seu domicilio habitual, autores descoñecidos subtraéronlle parte da produción de cannabis tras forzar a porta de acceso.

O rapaz responsable da plantación foi detido na mañá deste martes 19 de maio como suposto autor do delito de cultivo de drogas tóxicas. Podería enfrontarse ata a tres anos de prisión e a unha multa de ata catro veces o valor da substancia incautada. Quedou ao dispor do Xulgado de Instrución de Becerreá, aínda que a investigación segue aberta para esclarecer a identidade das persoas autoras do roubo.

Con esta operación desarticulouse un punto de cultivo, elaboración e distribución de drogas na comarca dos Ancares, que fornecía especialmente a mozos e que causaba “grande alarma social entre os veciños da zona”, segundo asegura a Garda Civil.

ÚLTIMAS

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...

Cólleno nun control mentres transportaba medicamentos prohibidos de uso sexual

A Garda Civil investiga a un home, de 55 anos e nacionalidade colombiana, como suposto autor...

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...