InicioSociedadeA Deputación renova o convenio de financiamento coa UNED

A Deputación renova o convenio de financiamento coa UNED

O ente provincial destinará preto de 300.000 euros a este Centro Asociado durante este ano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de renovar a colaboración económica que mantén o ente provincial co Centro Asociado da UNED en Lugo, o que supón unha achega de case 300.000 euros para este ano 2020.

A través deste convenio, a Deputación axuda a financiar os gastos derivados do funcionamento deste centro, como os de dirección e coordinación, administración e servizos, titorías, instalacións e materiais… Tamén incluiría os desprazamentos de profesores para participar na dirección, xestión e docencia en seminarios e convivencias do Centro Asociado.

Ademais, segundo destacan dende o organismo provincial, tamén se impulsan “numerosos proxectos e pioneiras iniciativas” para ampliar a formación do alumnado do Centro Asociado da UNED en Lugo, que a día de hoxe inclúe 22 ofertas de titulacións de grao.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...