InicioEconomíaOs hostaleiros da cidade, en "situación límite", protestan polo cobro do imposto...

Os hostaleiros da cidade, en “situación límite”, protestan polo cobro do imposto de auga e lixo

O PP acusa o goberno local de "non pagar nin un só euro" das axudas municipais que anunciara.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hostaleiros da cidade de Lugo mostraron o seu descontento por ter que facer fronte ao pago da imposto da auga e recollida de lixo, un cobro que pertence ao primeiro trimestre do ano e que inclúe as primeiras dúas semanas do estado de alarma.

O colectivo da hostalaría da cidade das Murallas advirte da “situación límite” que atravesan moitos establecementos despois de case dous meses coas portas pechadas, polo que consideran un “novo pau” o pago deste imposto municipal.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sinalou na mañá deste xoves que “continúan traballando tanto na vía dos ingresos como dos gastos” e que é “comprensible a situación de vulnerabilidade na que se atopan”.

Así, tras apuntar que o goberno local pretende “continuar traballando en favor de todos os sectores”, a rexedora lembrou tamén que “evitaron que as empresas teñan que facer pagos como o do IBI, ou o pago das terrazas”.

Pola súa banda, o grupo municipal do PP cargou contra o goberno lucense, ao que acusaron de anunciar axudas municipais das que “non pagaron nin un só euro dous meses despois”.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...